10.06.2016

Baile Veciñal

9.19.2016

Noites Reggae Compostela



Matadero. Compostela.
D.

Etiquetas: , , ,

Domingo en Compostela

8.08.2016

Shikoku pilgrimage

7.19.2016

Obradorio A Casa Iluminada / Matadoiro Compostela



Obradoiro de iluminación sobre o espazo baleiro da antiga Casa da Xuventude de Compostela.
Unha experiencia creativa de intervención lumínica do Matadoiro Compostela idea, creación e montaxe David Rodríguez coa colaboración de Xaquín Riera.


Casa da Xuventude, Casa Rosada, Matadoiro Compostela, Casa Iluminada… Traballamos desde o espazo para a intervención e a participación cidadá. O noso modelo de xestión permite intervir o espazo de traballo e convivencia desde as infinitas posibilidades que ofrece.

Durante este obradoiro imos intervir as distintas estancias do edificio a través dun traballo de iluminación efémera. Unha acción que pense as salas coma unha pel cambiante ou un espazo transformábel.

Grazas a todos os participantes e abrazo Yolanda Barrerio e Andrea Álvarez.

Venres 8 e sábado 9 de xullo (2016).
Lugar: Matadorio Compostela. Praza do Matadoiro. Santiago de Compostela
Y las fotos aquí

Etiquetas: , , , ,

7.12.2016

Matadoiro Compostela

Fotos Obradoiro A Casa Iluminada

Isto non é o Carné Xove

7.07.2016

Gallegos

Naufragio



Contra la costa, contra mí mismo.
D.

Etiquetas: , , ,

3.11.2016

Que flúa! Pensar a mediación cultural


Xornadas de traballo conducidas por David Rodríguez (AKa Tina Paterson) e Jordi Claramonte.

Datas: 28, 29 e 31 de marzo e 1 de abril de 2016

Taller 1 de 10.30 a 14.30 h, 10 prazas.
Taller 2 de 16.30 a 20.30 h, 10 prazas.

A Concellaría de Acción Cultural programou dous talleres baixo o título Pensar a mediación cultural. Que flúa, destinados a persoas pertencentes a entidades e asociacións que desenvolvan proxectos de ámbito local ou pretendan poñer en marcha experiencias de mediación cultural sobre Santiago de Compostela. Celebraranse os días 28, 29 e 31 de marzo e 1 de abril no Local Sociocultural da Caramoniña (travesía Escultor Asorey, 14 – baixo). A participación é de balde.

Os talleres serán conducidos por David Rodríguez (AKa Tina Paterson) e Jordi Claramonte, e realizaranse en dúas quendas, de mañá e tarde, con dez prazas para cada dunha delas. O primeiro dos talleres impartirase de 10:30 a 14:30 horas e o segundo de 16:30 a 20:30 horas.



O taller pretende achegar dun modo participativo un resumo crítico das características do traballo do mediador cultural, centrándose no contexto específico de Santiago de Compostela e na súa contorna. Trátase de traballar en torno a unha ferramenta de interacción e facilitación entre cidadáns, barrios e institucións.
Farase unha investigación sobre a crise dos modelos de relación entre os centros culturais, revisando exemplos de novas experiencias de laboratorios de creación baseados na produción e na participación.



Inscrición
Os interesados en participar deben presentar o formulario de participación cos datos de contacto, xunto cunha carta de motivación e expectativas (máximo un folio) e un currículo, no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4 baixo) ou no Auxiliar no CSCX do Ensanche. O límite de prazo para inscribirse remata o luns 21 de marzo. A Concellaría de Acción Cultural comunicará coa maior brevidade a disposición da praza para asistir ás xornadas. A participación nas xornadas é de balde.

Máis información no teléfono 981 543 001 (CSCX do Ensanche).


Organiza:
A Concellaría de Acción Cultural Santiago Compostela, programa dous talleres sobre mediación cultural no Local Sociocultural da Caramoniña.
Travesía Escultor Asorey, 14 baixo
15704 Santiago de Compostela.

http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=14242

Etiquetas: , , , ,